Mellora da seguranza viaria no colexio de Praceres

48

A mellora da seguranza viaria na contorna dos centros de ensino chega estes días ao colexio de Praceres, que se suma a outras feitas no pasado curso como no colexio San Bieito de Lérez, no da Carballeira en Lourizán, Marcos da Portela en Monte Porreiro ou o de San Martiño en Salcedo.

No caso dos Praceres, o Concello está asfaltando toda a vía e creando un espazo segregado para peóns dende baixo o nó de acceso ao Porto até a entrada do centro de ensino.

Ao igual que no resto de proxectos, o propósito é favorecer a autonomía dos nenos e nenas e garantir a súa seguridade; priorizar a mobilidade peonil e do transporte colectivo e calmar o tráfico nas súas contornas.