Discurso de clausura do ITU Mutisport Pontevedra 2019 de Tríatlon

6

Amigas, amigos,

Grazas, gracias, Thank you

Por todos estes días de felicidade e alegría

Por toda a vosa ambición

Por todas as emocións compartidas

Por víredes a Pontevedra e porque sei que ides voltar

Por facelo todo tan ben

Por compartir connosco uns momentos inesquecibles

Grazas á ITU por fixárense en nós e permitirnos traer a Pontevedra esta festa incríbel

Grazas á Fetri por seren os nosos socios leais, firmes e insustituíbles

Grazas á cidade de Almere por vir presentar o evento de 2020, que sen dúbida será tan brillante coma o de Pontevedra

Grazas ás voluntarias e voluntarios por axudarnos a facer de todo isto unha festa estupenda

Grazas ao persoal técnico, aos xuices e xuizas, ao staff de direción do campionato polo voso traballo brillante e entregado

Grazas ás empresas colaboradoras polo enorme esforzo, e a todas as empresas da cidade por estar sempre á altura que merece Pontevedra

Grazas aos xornalistas e persoal dos medios e as redes sociais, porque grazas a eles o nome e as imaxes de Pontevedra circularon por todo o mundo

Grazas enormes aos patrocinadores, a todos e todas os que aportaron recursos en diñeiro ou en especie para que todo isto puidera celebrarse

Grazas aos funcionarios e persoal do Concello, a Fetri e a ITU por esta lección de organización, eficacia e execución que destes desde o minuto un do Multisport

E sobre todo, grazas, moitísimas e sinceras grazas a todas e todos os veciños de Pontevedra por axudarnos, por colaborar, por divulgar, por compartir unha experiencia única que nunca esqueceremos.

E grazas, en nome de todas e todos, porque hoxe podemos dicir que non temos límites, e iremos a por máis

Palabra que isto algún día se repetirá

Grazas a todas e todos!