Nove ofertas para executar o parque infantil de Médico Ballina

125
  • O proxecto ten un prezo de licitación de 175.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A Mesa de contratación do Concello de Pontevedra recibiu nove ofertas para executar o novo parque infantil de Médico Ballina que ten un prezo de licitación de 175.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

As empresas que presentaron ofertas son:

  • Bricantel España S.L.
  • ConstruccionesCernadasS.L.
  • Construcciones E.C.Casas S.L.
  • HPC Ibérica S.A.
  • Jardincelas S.L.
  • Naturgalia S.L.
  • Oziona Soluciones de entretenimiento S.L.
  • UTE Lappset – Acevi
  • Zona de obra O Rosal S.L.


A Mesa abriu esta semana as ofertas que presentaron as empresas que serán estudadas polos servizos técnicos municipais, encargados de emitir informe.

O parque de Médico Ballina instalarase sobre a cuberta do túnel do tren, na marxe dereita da rúa Médico Ballina, en dirección Pontevedra-Santiago.

O parque estará situado nunha parcela de 1.198,42 m2, onde se pretende crear unha zona de estancia para os acompañantes dos rapaces, e unha traseira na que se instalarán os xogos infantís. Na entrada ao parque, onde se situarán os acompañantes, o prego recolle a colocación, cando menos, de 4 bancos, papeleiras, mesas con xogo de mesa e bancos incorporados, mesa de pinpong e unha fonte adaptada para mobilidade reducida.

Na zona de xogos, o prego deixa aberto o tipo de bambáns que se queiran colocar, pero marca como obrigados un xogo inclusivo e bambáns con unha cadeira tipo cueiro e outra inclusiva tipo hamaca; un xogo de tirolina e outro tipo cesta múltiple.