Os Faladoiros de Pinto e Maragota e o FLOP Cinema, avance das actividades do 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBI

158
  • As actividades iniciaranse mañá, mercores 22 ás 20:30 co encontro lector con autor Antón Lopo na Libraría Paz
  • A diversidade sexual na infancia e a discapacidade intelectual , informar na diversidade ou as políticas LGTBI serán outros temas a debater os xoves de xuño
  • O FLOP Cinema, do 28 de maio ao 1 de xuño no Principal, contará con 4 filmes seleccionados por Novos Cinemas, Pinto e Maragota, Cineclube Pontevedra e Asociación Avante e 4 curtas da man do FIC Bueu.

A concelleira de Igualdade Carme Fouces, presentou esta mañá unha “batería de actividades en torno á celebración do 28 de xuño, Día do Ogullo LGTBI”. Para iso quixo contar coas entidades implicadas na selección dos filmes que conformarán o programa do FLOP Cinema porque “é vital implicar aos axentes da cidade”, polo que asistiron Olalla Márquez do Cineclube, Suso Novás de Novos Cinemas e María Ruíz Falcó do FIC Bueu.

Carme apuntou a existencia no Concello de Pontevedra dun programa estable e con continuidade como é o ‘Pinto e Maragota’ sobre a diversidade sexual que programa encontros, actividades con centros escolares, divulgativas, etc. tales como os Faladoiros que hoxe se presentaron. O primeiro deles, con carácter de Cóctel Literario, contará co autor Antón Lopo e xirará sobre a súa obra “Extraordinario”, Premio Narrativa Breve Repsol. Terá lugar mañá mércores 22 ás 20:30 horas na Libraría Paz e, tal e como apuntaron dende a organización “está coordinadinado para que non se solape co encontro de Ledicia Costas e o público poida asistir a ambos”.

Os seguintes faladoiros, dos que formarán parte xornalistas que representarán medios locais, terán lugar todos o xoves de xuño ás 20:30h. na Casa da Luz.

Xoves 6 de xuño

Faladoiro diverso:

“A diversidade de xénero na infancia e na adolescencia”, a cargo de Inés del Río, Pediatra.

Xoves 13 de xuño

Faladoiro diverso:

“Diversidade sexual e discapacidade intelectual: dereitos sexuais en propia voz”, Equipo DES grupo LGTBI de persoas con diversidade cognitiva

Xoves 20 de xuño

Faladoiro diverso:

“Informar na diversidade”, debate sobre o papel dos medios de comunicación no camiño cara a visibilización e dignificación do colectivo LGBTIQ+.

Xoves 27 de xuño

Faladoiro diverso:

“Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible”,a  cargo de representantes dos diversos grupos parlamentarios galegos.

O FLOP CINEMA, do martes 28 ao sábado 1 no Teatro Principal é unha escolma do cinema máis clásico ao máis actual realizada por Cineclube Pontevedra, Novos Cinemas, FIC Bueu, Pinto e Maragota e Asociación Avante que tratan cuestións diversas como 5 días a vida dunha muller transexual (‘Un ano con 13 lúas’ – 1978), a relación de dúas xitanas lesbianas (‘Carmen y Lola’)  ou o sida en ‘120 pulsacións por minuto’.

A identidade de xénero na adolescencia será a protagonista das curtas seleccionadas polo FIC Bueu, dúas delas de xénero ficción – unha de animación e outra de imaxe real – e a teceira documental

Sobre ‘Puta e amada’ Suso Novás apuntou que “vai na liña editorial do festival e cun punto almodovariano é un filme divertido e vodevilesco que permite ensalzar as pelis de baixo presuposto e unha apertura para a sociedade que non quere entender a diversidade”

Carme rematou facendo un chamado ao público a “asistir, sen ningunha necesidade de pertencer a ningún colectivo. Facer reflexionar, divertir e amosar o que está pasando no mundo. É un ciclo aberto a todo o mundo e unha escolma fantástica. O cinema e os faladoiros son unha desculpa para falar e constuír unha sociedade bastante mellor da que nos di.n que temos”

Martes, 28 de maio ás 20,30 h – UN ANO CON TRECE LÚAS

(Alemaña 1978, 124´, VOSE) 20,30 h

Rainer Werner Fassbinder

En colaboración co Cineclube Pontevedra

Mércores, 29 de maio ás 20,30 h – PUTA Y AMADA

(España 2018, 62´)

Marc Ferrer

En colaboración co Novos Cinemas

Xoves, 30 de maio ás 20,30 h CURTAMETRAXES DIVERSAS (70´)

Selección a cargo de FIC Bueu

Sirene

Zara Dwinger (2017)

Manivald

Chintis Lundgren (2017)

Alma

Santiago León Cuéllar (2018)

Haus

Joseph Amenta (2018)

Venres, 31 de maio ás 20,30 h CARMEN Y LOLA

(España 2018, 105´)

Arantxa Echevarría

En colaboración con Pinto e Maragota,

programa municipal para a diversidade sexual

Sábado, 1 de xuño ás 20,00 h 120 PULSACIÓNS POR MINUTO  

 (Francia 2018, 145´, VOSE)

Robin Campillo

En colaboración con Avante Pontevedra