O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, remitiu onte unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez na que lle solicita unha entrevista para tratar dos asuntos que o Goberno galego xestiona en Pontevedra: estación intermodal, dragado da ría, EDAR, Montecelo, variante de Alba, continuar o paseo peonil urbana dos Gafos até a rotonda do Marco ou recuperar os espazos públicos da Xunqueira de Alba, entre outros.
Esta é a carta: