O 29 de xuño volve a Pontevedra a terceira carreira Ponle freno

44
  • A proba partirá ás 21.30 horas polo centro da cidade. Haberá dúas probas: unha de 10 Km e outra de 5 Km.
  • A inscrición será de 5 euros e destinarase integramente para a asociación Amizade.

Pontevedra acollerá o sábado, 29 de xuño, a terceira Carreira Ponle Freno que discorrerá pola cidade. O circuíto de carreiras Ponle freno está formado por 6 eventos en distintas datas e lugares do Estado español, onde Pontevedra é “unha cita principal por ser unha cidade exemplo das medidas tomadas en favor da seguridade viaria”, en palabras de Natalia Rico, responsable de comunicación da proba que hoxe se trasladou a Pontevedra para presentar a cita xunto ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Ponle freno 2019 oferta dous circuítos diferentes: un de 10 quilómetros e outro de 5 quilómetros. Tamén están programadas carreiras infantís. As probas comezarán ás 21.30 horas. E as inscricións aínda están abertas a través da páxina web de Ponle freno, e o mesmo sábado nas instalacións do instituto Valle-Inclán onde se recollerán os dorsais.

A organización tamén contempla unha Fila 0 para recoller as donacións que se queiran realizar.

A participación nas probas de adultos supón o pago de 5 euros de inscrición. Toda a recadación vai destinada para a asociación Amizade da cidade, que destinará o financiamento para pór en marcha programas de concienciación nos centros de ensino sobre as consecuencias dos comportamentos imprudentes nos vehículos, e tamén para destinar a programas de atención aos usuarios para mellorar a súa autonomía persoal (fisioterapia, rehabilitación…)

Na presentación o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores explicou que “é posible facer proxectos nas cidades para reducir a violencia viaria, e permiten que as cidades sexan máis atractivas e máis dinámicas”.

Máis info: https://compromiso.atresmedia.com/ponlefreno/carreras-ponle-freno/2019/pontevedra/