A bandeira LGTBI xa está no balcón da Casa Consistorial

34

A bandeira LGTBI xa loce no balcón da Casa consistorial. Esta mañá todos os grupos políticos representados na Corporación coa concelleira de Igualdade ao fronte, Paloma Castro, quixeron contribuír, un ano máis, á normalización da diversidade sexual na nosa cidade.

Paloma Castro explicou que “un dos obxectivos da Concellaría de Igualdade é chegar a que en Pontevedra todo o mundo poida andar en liberdade e a expresar a súa idiosincrasia, a súa orientación sexual ou a súa liberdade de xénero. Parece mentira que en 2019 nos levantemos con noticias como a ocorrida o día de San Xoán na Coruña cunha agresión homófoba”.

A concelleira indicou que “entendemos que Pontevedra ten que dar un paso adiante por iso temos que impulsar políticas que sensibilicen e conciencien a xente sobre a igualdade e o odio ao trato discriminatorio e, sobre todo, hacia a diversidade. Queremos que todo mundo sexa libre, queremos unha Pontevedra que abrace todos os colores do arco da vella da diversidade”.