O Concello pon en marcha un Grupo de Participación Urbana no eido da Estratexia EDUSI “Máis Modelo Urbano Pontevedra”

10

O Consello Económico e Social do Concello de Pontevedra reuniuse este luns co fin de crear un Grupo de Participación Urbana para a xestión da Estratexia “Máis Modelo urbano Pontevedra”, que se configura como un instrumento básico de participación cidadá e de consulta e participación dos axentes económicos e sociais de Pontevedra. 

A Estratexia foi froito da participación cidadá e para a implementación das súas liñas de actuación acadou 10 millóns de euros de cofinanciamento dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta configuraba a creación do Grupo de Participación Urbana como un órgano de participación, no que terán cabida os mesmos representantes que no Consello Económico e Social da cidade, que ata agora actuaba como órgano de participación, así como aqueles axentes sociais relacionados coa temática social, económica, medioambiental e territorial local e a cidadanía en xeral.

Na primeira reunión do Consello Económico e Social do mandato e a primeira para a implementación das liñas de actuación da Estratexia Máis Modelo Urbano Pontevedra, deuse traslado ao membros do Consello un borrador dos estatutos do Grupo de Participación Urbana co fin de que propoñan aqueles cambios que consideren é se reunirán nun prazo de quince días para realizar achegas ao texto así como a proposta de inclusión de novos membros.

Este Grupo terá unha duración temporal para o desenvolvemento da Estratexia e para desenvolver unha nova axenda urbana para o municipio. Axudará a impulsar as liñas de actuación pendentes de execución na estratexia e para elo consta de varios órgano como o Comité de Dirección, Comisión Técnicas e a posibilidade de constituír foros de participación en mesas de traballo para a consecución dos seus obxectivos