O parque do Gafos acolle a quinta edición do Festival Flop o sábado, 13 de xullo

359
  • Está enmarcado dentro das actividades de celebración do Orgullo LGTBIQ

O Festival  Flop celebra o vindeiro sábado 13 de xullo a súa quinta edición, coma ven sendo tradicional no Parque dos Gafos de Pontevedra. Continuando coa liña emprendida en anos anteriores, ofrecerá doce horas de música, gastronomía, e actividades dirixidas a tódalas idades. Ademais, o festival pretende visibilizar, normalizar e reivindicar a liberdade de orientación sexual, aproveitando as datas de celebración do Orgullo LGTBIQ en numerosas cidades de todo o mundo.

Renovando o espírito das romarías tradicionais, Flop caracterízase polo seu carácter aberto e inclusivo, aberto a todas as idades, e fomentando a diversidade entre colectivos sociais, familias e individuos. Este ano, a organización pretende tamén poñer especial énfase na sostenibilidade e o respeto ó medio ambiente. 

Festival Flop

No apartado musical, a edición deste ano vai un paso máis aló, ampliando a paleta sonora das actuacións propostas, con estilos como o Funk, House, Disco ou os sons tropicais. 

O cabeza de cartel será o australiano  Bell Towers,  xove  DJ e produtor (agora afincado en Berlín). Artista vinculado á emisora NTS Radio e ao selo alemán Public  Possession. Gosta de definir o seu estilo coma “un flirteo entre o House subterráneo, o Pop sintético e o Disco-Funk elegante”. Unha selección musical audaz e arriscada, que lle levou a tocar por todo o mundo, de Corea a Lituania, China ou Finlandia, ademais de participar en dúas sesións das prestixiosas Boiler  Room ou na famosa serie de podcasts dos holandeses de  Dekmantel. 

Desde Colombia (agora residiendo en Barcelona) chega  Sano, Desde as montañas de Colombia ás de Cataluña, Sano é un DJ e productor que creceu na escena underground de Medellín. A súa discografía foi publicada en selos coma Cómeme (do chileno Matías Aguayo), ou Public Possession, e as súas produccións e sesións transitan polo House de Chicago e os ritmos afro-latinos.

Desde Madrid, unha das actuacións en directo, a artista Samantha Hudson, que se define, con boas doses de ironía, coma “devota e pura, actual adolescente e futura estrela do Pop”, na que será a actuación máis irreverente da xornada. 

Tamén desde Madrid chegan Blue Lights in the Basement, un proxecto enfocado á música Disco e House, capitaneado polos DJ’s Nacho  Larache e S-Brid (socio e director artístico do  prestixioso Berlín Club da capital. BLITB levaron o seu son a lugares como  Lanzarote, Ibiza ou o mítico Ministry  Of  Sound de Londres.

Outra das actuacións en directo será a de BABYKATZE, o proxecto da arxentina afincada en Vigo Lucila. O seu directo encerra unha mensaxe chea de matices, harmonías e melancolía, unha aposta musical onde imaxe e son entrelázanse para crear un personaxe ás veces  etéreo, outras caótico e sempre sorprendente. Ven de edita-lo seu segundo traballo no selo Seeking  The  Velvet da ourensá Cora Novoa. 

A representación galega e de Pontevedra, xa que FLOP aposta sempre polo talento local, ven da man de Moreamore, dupla de DJ’s (e irmáns), que buscan trascender xéneros e estilos nas sús performáticas actuacións. Ou de Lúa Zalamera (artista moi versátil e residente da sala Karma de Pontevedra), o morracense afincado en Barcelona Nico, actual residente dun dos clubes mais prestixiosos da cidade (Nitsa Club). Tamén Viktor Flores, un dos DJ’s galegos máis experimentados e, cómo non, dous dos impulsores do FLOP, Certain People, responsables da programación e producción do festival e do selo Certain Music.