O alcalde volve solicitar unha entrevista ás clarisas polo convento de Santa Clara

28

O Concello de Pontevedra volverá a solicitar unha reunión coa Orde das Clarisas, propietarias do convento de Santa Clara, en Pontevedra, para presentar unha proposta de incorporación do convento e a súa finca urbana aos espazos públicos de Pontevedra, logo de coñecer que están aceptando ofertas para a venta do cenobio.

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías explicou que é intención do Goberno retomar a posibilidade de incorporar esta parcela para o uso dos veciños de Pontevedra ao ser un espazo de “máximo interese para a cidade” e unha aposta “prioritaria” do Goberno Local.

Anabel Gulías afirmou que “sería todo un agasallo poder abrir esta finca urbana a toda a cidade”.