O Concello solicita unha reunión coa Xunta para abordar o transporte metropolitano en Pontevedra

4

O Concello de Pontevedra enviou este luns unha carta á conselleira de Mobilidade, Infraestruturas e Medio Ambiente, Ethel Vázquez solicitándolle unha reunión para avanzar na creación de paradas urbanas do transporte metropolitano que atravesará a cidade.

O concelleiro de Transportes, Demetrio Gómez, recolle na súa misiva o acordo alcanzado a pasada semana entre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que desbloqueron a situación actual.

Na carta o concelleiro tamén lle informa da intención do Concello de pór en marcha un transporte a demanda que atenda ás parroquias, como medio máis sustentable ecoloxica e economicamente.