A socialista Gloria Blanco propón extender aos barrios as tradicionais actividades de lecer infantil de Nadal

48
  • A concelleira de Promoción Económica traslada ao presidente de Aempe, José María Corujo, a súa intención de priorizar a potenciación do comercio local, en especial nalgúns barrios

Nota reunión Gloria Blanco con José María Corujo

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Gloria Blanco, baralla extender aos barrios de Pontevedra as tradicionais actividades de lecer para nenos que se viñan desenvolvendo durante o Nadal na Praza de España. A proposta foi plantexada no contexto dunha reunión mantida pola edil socialista co presidente da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), José María Corujo, e outros membros da súa directiva.

O encontro, o primeiro que Blanco mantén co colectivo empresarial dende que asumiu o cargo de concelleira de Promoción Económica, serviu para analizar as colaboracións desenvolvidas nos últimos anos polo Concello e Aempe, que, como adiantou a concelleira do PSOE, “por suposto, terán continuidade”. A socialista, que calificou a reunión de “moi frutífera”, trasladoulles aos voceiros de Aempe a súa intención de “priorizar á potenciación do comercio local”, unha intención que os membros do colectivo empresarial recibiron con entusiasmo.

“Considero esencial -subliñou a edil- darlle un pulo ao comercio local, pero non só no centro da cidade, senón tamén en barrios que teñen un montón de establecementos como A Parda, Loureiro Crespo e Monte Porreiro”.

No que atinxe ás actividades de Nadal para nenos, Gloria Blanco ten a intención de instalar unha carpa na Praza de España (como xa se fixo con anterioridade) e de extender “esa mesma fórmula ou outra” a diversos barrios. Segundo explicou, “a idea é que os nenos que teñan tickets dispensados en comercios locais poidan desfrutar destes elementos de xogo e actividades de lecer, de xeito que se estimulen as compras neles e se compense aos seus clientes”.