Pontevedra convidada a fixar as directrices do “novo” Glasgow

67

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Juliana O’Rourke, Directora Editorial, Landor LINKS, e Editora, Local Transport Today e Placemaking, organizadora do Internacional Healthy Streets Summit 2019 que se celebrará entre o 9 e o 10 de outubro na localidade de Glasgow. Con este congreso quéresen fixar as directrices da xestión dun plan de investimento de 150 millóns de libras en Glasgow e na súa área de influencia para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

Juliana mantivo un encontro co alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, para explicarlles cal será o contido deste congreso ao que queren convidar a Pontevedra como unha das cidades saudables pioneiras do mundo. Pontevedra compartirá mesa con responsables dos gobernos de  estarán os rexedores de Leichtenstein, París e Budapest.

Juliana O`Rourke está tamén na cidade coñecendo o seu sistema de mobilidade e manifestou nunha comparecencia pública no Concello que se achegou a Pontevedra por ser un caso “famoso” no mundo na xestión do tráfico e do benestar social, e defendeu a necesidade de antepor aos peóns fronte aos tráficos motorizados.

Web do congreso: http://landor.co.uk/healthystreets/2019/9october.php#nil