A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá dirixirse aos responsables da empresa Naturgy e aos responsables políticos da Xunta de Galicia para solicitarlles unha entrevista na que se aborde o malestar que existe no Concello de Pontevedra polos constantes cortes do subministro eléctrico (dous na pasada semana) e coñecer de primeira man que é o que está a suceder.
A portavoz do Goberno, Anabel Gulías manifestou que o que está a pasar “é unha tomadura de pelo” xa que o pasado 15 de xullo se remitiu un escrito tanto á empresa como a Xunta (Consellería de Industria) solicitando información polos constantes cortes de luz, sen obter resposta a día de hoxe.
A portavoz tamén manifestou que o corte deste domingo resultou especialmente preocupante porque afectou a grande parte da cidade no mediodía, coa repercusión que tivo sobre o sector hostaleiro da cidade que, nalgúns casos, tivo que pechar.
Anabel Gulías animou aos pontevedreses a reclamar polos inconvenientes que puideron sufrir.
Saúdos ;-))