Tino Fernández toma nota das demandas dos clubes e comprométese a buscar fórmulas para axilizar o pago das subvencións anuais

15
  • O concelleiro de Deportes convoca a un centenar de equipas a unha ‘macrorreunión’ para explicar o incremento de axudas para as EDM
  • O socialista lembroulles que aínda dispoñen de prazo até o vindeiro mércores 2 de outubro para solicitar as subvencións de 2018

A Concellería de Deportes, que dirixe o socialista Tino Fernández, convocou hoxe a un centenar de clubes deportivos de Pontevedra a unha ‘macrorreunión’ para dar conta das medidas adoptadas polo seu departamento para resolver o pago das subvencións anuais e incrementar as axudas por neno nas Escolas Deportivas Municipais. O edil do PSOE aproveitou o encontro, que tivo lugar nas instalacións do Pavillón dos Deportes, para tomar boa nota das inquedanzas das entidades e garantizarlles “que se van estudar fórmulas que permitan axilizar ao máximo os procedementos para o pago das vindeiras subvencións”.

Tino Fernández lembroulles que, tras estes primeiros 100 días á fronte da Concellería, “xa se conseguiron desbloquear 600.000 euros relativos ás axudas anuais de 2017 e 2018, que os clubes terán nas súas contas bancarias antes de que remate 2019”. Segundo apuntou, as equipas aínda dispoñen de prazo até as 23.59 horas do vindeiro mércores 2 de outubro para presentar as solicitudes correspondentes ás subvencións da tempada pasada.

O socialista tamén se amosou moi satisfeito pola cifra récord de 2.000 preinscricións rexistradas para as Escolas Deportivas Municipais 2019-20, cuxos listados provisionais permanecerán expostos ata mañá pola noite no taboleiro oficial do Pavillón, a páxina de Facebook ‘Deportes Pontevedra’ e área de Deportes da web ‘https://www.pontevedra.gal’.

“A Concellería de Deportes -sinalou Tino Fernández- incrementou en 108.000 euros a achega destinada a subvencionar as Escolas Deportivas, pasando de 142.000 a 250.000 euros, o que se traduce nun aumento das axudas en 22 euros por rapaz inscrito (de 60 a 82 euros por neno) e que nos permite a cobertura de ata 2.500 prazas”.

O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

Os 108 clubes convocados para a reunión desta tarde foron:

  • Academia Postal
  • ACD A Seca
  • Acuña-Partidos
  • Arco Teucro (club tiro con arco)
  • Arxil
  • As Triscas
  • ASFUSA
  • Asociación de Boxeo de Pontevedra
  • Asociación Juvenil de Lérez
  • Asociación Petanqueiros
  • Asociación Teucro Base
  • Atletas Veteráns de Galicia
  • Atlético Estación
  • Atlético Pontevedra Féminas
  • Atletismo Rías Baixas
  • Bádminton Ravachol Pontevedra
  • Baile en Galicia 
  • Baloncesto Estudiantes Pontevedra
  • Balonmán Pontevedra
  • Billar Club Pontevedra
  • Boa Vila Tiro con Arco
  • Boa Vila Sociedade Deportiva Cultural
  • Bora CF
  • CAB Pontevedra
  • CAFyD
  • Canteiros CFA
  • Casino Mercantil e Industrial
  • CD Lérez
  • Cerponzóns CF
  • Cisne Club Balonmán
  • Ciudad Pontevedra CF
  • Club Amigos do Wushu
  • Club Campolongo
  • Club de Patinaxe de Pontevedra
  • Coraça Team
  • Deportes-Universidade de Vigo
  • Eiriña Atlético de Campolongo
  • Escola de Fútbol Pontevedresa
  • Escudería Cidade de Pontevedra
  • Escudería Sohers Competición
  • Escola Fútbol Sala Pontevedra
  • Escola Hungaresa Esgrima
  • Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra
  • Farto Club Ciclista
  • Fútbol Sala Cidade de Pontevedra
  • Galaico Sincro
  • Galaico Club Natación
  • Gimnástica Sociedade
  • GV Sports
  • Integración Deportiva Pontevedra
  • Interpontevedra FS
  • Juan XXIII, Club Polideportivo
  • Judo Club Pontevedra
  • Leis 26 FS
  • Loita Pontevedra
  • Mace Sport (taekwondo)
  • Marcón Atlético
  • Marcón Fútbol Sala Feminino
  • Mareantes Rugby Club
  • Méndez Núñez Club
  • Minauta
  • Montañeiros Pontevedra (Aromón)
  • Monte Porreiro Sociedade Deportiva
  • Moto Bike, peña ciclista
  • Náutico Ría de Pontevedra
  • Odisea Sport Club
  • Oeste Surf Club
  • Padel Pontevedra
  • Pedaladas
  • Pons Vetus, club natación master
  • Pontesquí
  • Pontevedra Fútbol Gaélico
  • Pontevedra Roller Derby
  • Pontevedra Rugby Club
  • Pontevedra CF
  • Portero 2000, escola de fútbol
  • Propóntelo
  • Río Verdugo Piragüismo
  • Sagrado Corazón Agrupación Deportiva
  • Salcedo SCD
  • Salgueiriños CF
  • Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO)
  • San Andrés CF
  • Shu Taekwondo Pontevedra
  • Sincronizada Pontevedra
  • Sotavento, club galego turístico cultural subacuático
  • Squash Pontevedra
  • Susana Máis que Rugby
  • Taekanart, club de taekwondo
  • Temerarias Team, asociación automobilística
  • Tenis de Mesa Monte Porreiro
  • Tenis Pontevedra
  • Teucro SD
  • Tiro Río Lérez
  • Treboada
  • Triatlón Galaico
  • Triatlón Mercantil
  • Unión Sampaio
  • Vagalume, escola de ximnasia
  • Verducido CF
  • Verducido Club Piragüismo
  • Verdugo, Asociación Xuvenil
  • Véteris
  • Viejo Lobo School
  • Vila de Pontevedra
  • Voleibol Pontevedra
  • Waterpolo Pontevedra
  • Xadrez Pontevedra
  • Xeve CDAR
  • Xiada, club de ximnasia
  • Ximnasia Pontevedra
  • Ximnasia Rías Baixas