A cultura ponse a cuberto en Pontevedra coa chegada do outono, desprazándose ao Pazo da Cultura e o Teatro Principal

239
  • No derradeiro trimestre do ano están previstas máis de 20 actuacións de carácter musical e teatral en ambos espazos xestionados polo Concello.
  • A Ópera Aída da man de PromÓpera e Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Revólver, ou Carlos Núñez entre as novidades musicais que completan os ciclos Voices e Matinés

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá varios eventos de carácter musical que terán lugar nos próximos meses e veñen a completar a oferta cultural presentada anteriormente.”Durante os meses de verán este tipo de espectáculos teñen lugar nas prazas e rúas da cidade e a chegada de outono motiva que se despracen a espazos cubertos como o Teatro e o Pazo. Máis de 20 actividades de carácter cultural para todos os gustos, como a desta noite ”Viejo Amigo Cicerón” da Tempada de Teatro no Pazo ou o Festival das Núbebes

MÚSICA

5 de outubro  ás 21h. no Pazo da Cultura

RevolveR sae á estrada coa súa nova xira #Básico4, disco que gravou por sorpresa en Madrid nun Teatro Price cheo ata a bandeira e poñendo o broche de ouro á celebración das vodas de prata do Básico I, aquel disco inesquecible que marcou un antes e un despois na historia da música deste país, e que coa xira “#25 Anos Básico Tour” colgou o cartel de “Non hai entradas” en cada cidade que pisou durante o 2018.

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o ADN de cada un dos temas que conforman a carreira de RevolveR, así como os seus grandes éxitos de toda a vida, e ser protagonista do encontro cara a cara e sen intermediarios con Carlos Goñi e a súa banda.



19 de Outubro Mcroe no Teatro Principal ás 12:30 horas pecha o exitoso ciclo de As Matinés do Principal que xurdiu para ofertar novos formatos de ocio aptos tamén para familias tanto polo horario como polos descontos para menores de 14 anos (50%)

A banda é un dos grupos de referencia do indie español dende hai anos.En 2019 publicarán un novo álbum que presentarán na súa actuación en Pontevedra.

26 outubro Orquestra Sinfónica de Galicia ás 20h. no Pazo da Cultura

Director: Vladimir Fedoséyev – Solista: Varvara (piano)

Prokofiev: concierto para piano y orquesta nº2 en sol menor, op. 16

Shostakovich: sinfonía nº 10 en mi menor, op. 93


1 de novembro  ás 21h. Glen Hansard no Pazo da Cultura

O artista irlandés Glen Hansard actuará en Pontevedra o próximo mes de novembro con toda a banda al completo. O seu directo no Pazo da Cultura chegadentro do ciclo Voices, que este ano achegou artistas como Luisa Sobral,  Lila Downs ou James Rodhes esgotando as entradas. Será un dos poucos concertos o gañador dun Óscar á mellor canción en 2008 ofreza no noso país este ano presentando o seu último traballo This Wild Willing.

Comparado en ocasións con artistas como Bob Dylan, Leonard Cohen ou Van Morrison, colaborou recentemente no último traballo de estudio de Eddie Vedder (Pearl Jam), quen ademáis o invitou a compartir xira este ano.

Sábado 16 de novembro a las 20:30 horas. Aida, G. Verdi no Pazo da Cultura de Pontevedra

PromÓpera con Aída, proponse levar ao gran público, unha ópera que poucas veces se representou en Galicia. Agora teñen finalmente a oportunidade de vela e de gozar da esencia da obra de Verdi. Nesta representación contarase con subtítulos para que todos poidan entender a trama. Os solistas son españois, e estranxeiros, todos eles de contrastada carreira internacional.

Máis de 200 persoas participan no coro, formado por cantantes de toda Galicia.

Este concerto e as restantes representacións que se celebrarán en Galicia en 2019 e 2020 contarán coa colaboración da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, unha aposta por unha entidade musical local que demostrou en numerosas ocasións estar á altura de calquera orquestra de renome internacional.

A escenografía estará a cargo de ESDEMGA.
Carlos Núñez 21 de decembro ás 20:30 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Convertido en todo un referente internacional da música celta, reivindica desde hai máis de dúas décadas a importancia da nosa música popular.

Carlos Núñez aposta pola música celta como banda sonora da historia do noso pais, con concertos que van máis aló dos circuítos e xéneros  standard. Vemos ó noso redor como se lle deu as costas ao patrimonio rural, que actualmente está a recobrar o seu valor. Como se está a demostrar,  boa parte desta tradición, que inclúe unha riqueza musical digna de ser coñecida e gozada, é unha herdanza milenaria.

A visión de Carlos das músicas celtas como amables e inclusivas pero tamén históricas, profundas e merecedoras de respecto, poñerase de relevo coa interpretación dalgunhas das composicións celtas de Beethoven, a poucos meses  de que se cumpra o seu 250 centenario.

Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas, colaboracións con músicos e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña pero tambien polo mundo hispánico que forma parte do mundo celta.

Carlos Núñez está considerado como un músico extraordinario, dos mais serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con fartura os límites habituais dos seus instrumentos.

 Son moitos os premios e nomeamentos que o avalan: Un  Grammy polo disco gravado  cos seus mestres  The Chieftains; dous nomeamentos aos  Grammys Latinos; Premio Ondas ao mellor directo e o Premio da Crítica Alemá,  Preis  der  Deutschen  Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal,  The  Waterboys, Jackson Browne,  Ry  Cooder e Roger  Hodgson de  Supertramp e compartiu escenario con  primerísimas figuras tales como Bob Dylan,  Sinéad Ou’Connor e  The  Who.

EXPOSICIÓNS

Pintura: Na beira do río. Diálogos na Pintura de Amelia Palacios e Alex Vázquez. A primeira edición na que a mostra está a cargo dun binomio é pai e filla.

Do 7 de outubro ao 17 de novembro

Fotografía: Caiuco na fronteira de papel de Xacobe Meléndrez Fassbender

Do 10 de outubro ao 17 de novembro

A concelleira aproveitou para facer un repaso pola programación teatral da Tempada de Teatro e Ponteatro e tamén lembrar a cita ineludible co Culturga do 29 de novembro ao 1 de decemebro.

Ponteatro

Xoves | 21:00h

10 out |  Medida x medida de shakespeare (producións teatráis excéntricas s.l) 24 out |  Pink unicorns* (la macana)

7 nov | Bernarda (malasombra producións)

28 nov | Commedia (contraproducións s.l)

19 dec | Liberto* (marelas producións)

Venres Golfos | 23:00h

18 out | Hemos venido a darlo todo* (voadora)

22 nov | Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)* (producións dispersas)

Tempada de Teatro

 “Growing Young” (Danza) o 4 de outubro;

“El precio”  o 20 de outubro con Gonzalo de Castro e Tristán Ulloa

“Play off” o 26 de outubro;

“Perfectos desconocidos” o 15 de novembro con Antonio Pagudo, Olivia Molina

“Muerte en el Nilo” o 22 de novembro con Pablo Puyole  Adriana Torrebejano