Pontevedra súmase á emerxencia climática baixo o lema Efecto PO2

15

O Concello de Pontevedra sumouse onte ás reivindicacións mundiais pola emerxencia climática baixo a campaña municipal Efecto PO2 que pretende traer ao primeiro nivel da actúalidade local o momento clave de emerxencia climática que vive o planeta e o protagonismo que ten Pontevedra.

Ademais de secundar as mobilizacións convocadas ante a Subdelegación do Goberno do Movemento galego polo clima e á convocatoria das Escolas da Unesco na praza da Peregrina, tamén desplegou unha pancarta do balcón do concello co lema Efecto PO2.

A pancarta estaba realizada coa última tecnoloxía e elementos reciclables: bridas de algodón, plástico reciclable no colector amarelo e tintas libres de PVC e 100% reciclables.

No seu despregue participaron todos os grupos do Goberno Local.