Cambios nos colexios electorais

124

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, informou esta mañá que se contemplan dous cambios en colexios electorais de cara a mellorar a comodidade e accesibilidade para as persoas que voten o vinveiro 10 de novembro, e promover a participación “nunhas eleccións nas que a participación non ten os mellores pronósticos” asegurou. 

O primeiro dos cambios, que xa está aceptado, corresponde ao Centro Social de Estribela, na parroquia de Lourizán. Neste colexio electoral, ás tres mesas que xa se ubicaban na planta baixa sumaranse dúas mesas máis que pasaran á planta de arriba: a mesa 3.3 que corresponde ao Colexio de A Carballeira e mesa 3.5 que corresponde á confraría de pescadores de Praceres.

O segundo dos cambios, solicitado pero pendente de confirmación, afectaría ao traslado das mesas electoriais do Valle Inclán ao instituto Sánchez Cantón. Neste caso, segundo informou Anabel Gulías, trataríase de garantir a accesibilidade universal, posto que os escalóns de acceso ao Valle Inclán dificultan a entrada das persoas con mobilidade reducida, mentres que no Sánchez Cantón non existen este tipo de barreiras. Este traslado non implica ningún cambio no censo.