Programadas limpezas xerais nos barrios do concello no último trimestre do ano

20
  • Comezan este xoves por Conde Bugallal e continuarán pola Santiña, A Seca, Beiramar até Estribela, Castañal, avenida de Vigo e, tamén, a praza da Peregrina.

A Concellaría que xestiona a limpeza viaria, departamento que dirixe Raimundo González Carballo, vén de pechar o calendario de limpezas xerais e zafarranchos que se desenvolverán en distintos puntos da cidade, especialmente nos barrios, dende este mesmo xoves até final de ano. Estas limpezas en profundidade están pensadas como reforzos das limpezas habituais para ter o espazo público en boas condicións de uso.

Actuarase en Beiramar, no barrio da Seca, no barrio da Santiña, no ámbito da avenida de Vigo, no Castañal, no ámbito dos xulgados ou, incluso, na praza da Peregrina.

Neste último trimestre están previstos zafarranchos en distintos puntos de beiramar como na avenida de Bos Aires a rúas lindeiras como Manuel del Palacio, rúa do Cruceiro, Almirante Matos, Pedro Mariño de Lobeira ou Fonte do Corvo. Tamén está previsto actuar no barrio da Seca e en Francisco Añón.

Outros puntos de limpezas xerais serán o Camiño de Santiago ao seu paso pola rúa Santiña e Carballedo, ou no Castañal na rúa Ángel Amor Ruibal.

Tamén no ámbito da avenida de Vigo está previsto actuar en Luís Seoane e Bibiano Osorio Fernández Tafall.

A primeira limpeza

A primeira das limpezas xerais será na avenida Conde Bugallal na madrugada e na mañá deste mesmo xoves, 3 de outubro.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

Limpeza en Luís Seoane

Tamén esta semana, o venres 4 está previsto empezar coas rúas da avenida de Vigo incluídas nestes zafarrancho. Será Luís Seoane onde se farán rozas, baldeos e outros traballos. Tamén está previsto colocar valos de  prohibición de estacionamento dende o xoves.

No ámbito do barrio sur tamén está previsto actuar con rozas, baldeos e outros labores de limpeza na rúa Bibiano Osorio Tafall. Será o vindeiro venres, 11 de outubro