O Concello solicitará unha entrevista co conselleiro de Industria ante os problemas no subministro eléctrico

6
  • A portavoz do Goberno, Anabel Gulías cualificou de “inaceptable” que se sigan producindo cortes continuos tanto na cidade como nas parroquias

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías informou esta mañá que o Concello solicitará unha entrevista co conselleiro de Industria “para tratar con el os problemas que estamos tendo e para seguir reclamando que a empresa cumpla en tempo e forma cos veciños e veciñas que pagan as facturas por un servizo que está francamente deteriorado”. 

A concelleira indicou que esta decisión chega “ante todos estes problemas, que siguen sendo continuados e que non acaban de resolverse”, en referencia aos últimos cortes no subministro eléctrico que deixou preto de 1.500 persoas sen luz na cidade e nalgunhas zonas das parroquias. “Malia que Naturgy di que aínda estamos moi por debaixo do límite establecido, nós consideramos inaceptable que estes cortes se produzan en tan curto espazo de tempo porque de nada sirve que cumpran os límites anuais se os concentran todos nunha época causando graves prexuízos” asegurou Anabel Gulías.

Gulías cualificou a situación de “inaceptable” e asegurou que, a pesares que na reunión entre Concello e Naturgy a empresa garantiu a reparación de tres quilómetros de rede e dalgúns transformadores, os apagóns se siguen producindo “e lonxe de arranxanse pois empeora a situación”. Unha situación que, en palabras da concelleira provoca “frustración e impotencia” no Concello.

Tamén informou que se continúa coa charlas sobre a factura da luz e sobre as posibles reclamacións ante estes fallos no subministro, impartidas pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. Á celebrada na Casa da Luz a pasada semana, seguiralle mañá a de Monte Porreiro, o venres 11 a de Lérez, e o venres 18 en Campañó. As tres serán na Casa da Cultura das respectivas parroquias ás 19:30. Tamén se reprogramou a do Centro Leste para o luns 14 ás 19:30h.