Aberta a convocatoria para presentar propostas para Noites Abertas

135
  • A vindeira edición celebrarase entre o 31 de xaneiro e o 4 de abril de 2020 e a presentación de proxectos pode realizarse online en noitesabertas.gal

A partires de hoxe e ata o 31 de outubro estará activo o formulario on-line para presentación de proxectos para Noites Abertas edición 2020 na web do programa: https://noitesabertas.gal.

Ao igual que en anteriores edicións, poderán presentar propostas as asociacións, clubs deportivos, empresas e colectivos que desexen ofrecer actividades de ocio alternativo para persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña asegura que “noites se convertiu nos últimos anos no programa de referencia de inverno entre a mocidade pontevedresa e da comarca”, ao tempo que salienta o feito de “que as ofertas sexan presentadas por mocidade e para a mocidade garante que este proxecto estea sempre vivo, á moda, e con capacidade para rexenerarse ano a ano”. Hai que lembrar que este programa foi posto en marcha en 1999, polo que xa vai pola súa 21 edición.

Desde a Concellaría de Xuventude tamén se programou unha rolda informativa polos IES e Universidade para informar desta convocatoria e doutros programas de Xuventude, que se desenvolverá entre o 14 e o 25 de outubro. Ademias, para calquera dúbida, suxestión ou problema, pódese contactar coa coordinación do programa no mail noitesabertas@pontevedra.gal

A vindeira edición terá lugar os venres e sábados entre o 31 de xaneiro e o 4 de abril.