Construciones Fechi realizará a terceira fase da reurbanización da avenida Marqués de Valterra

12
  • Está incluída dentro da obra pública dos fondos do ARI de Estribela, en Lourizán.
  • A oferta da empresa é de 68.155 euros e un prazo de execución de 30 días.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra adxudicou nestes días a Construcciones Fechi a reurbanización da avenida de Marqués de Valterra, en Estribela por un prezo de adxudicación de 68.155,67 euros e un prazo de execución de 30 días. A reurbanización tiña un prezo de licitación de 96.977,32 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A reforma está incluída dentro da obra pública que acompaña aos fondos da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Estribela cos que executa a terceira fase de reurbanización da avenida Marqués de Valterra. 

A actuación farase entre os números 93 e 71, e consiste na creación dunha nova beirarrúa con lousas de granito, incorporando o mesmo material no deseño das tapas das arquetas e dos pozos de rexistro.

Tamén está previsto redimensionar e substituír a rede de pluviais, e revisarase a rede de saneamento, facendo os tramos que non existan na actualidade.

A esta licitación presentáranse 24 empresas.