Chega o outono coa Noite dos Calacús e magostos por toda a cidade

101
  • O xoves, 31 de outubro, volverá a celebrarse a Noite dos Calacús
  • Están previstos magostos no Burgo e en Monte Porreiro, o 9 de novembro; e o 16 de novembro na praza da Curtidoira do barrio de Eduardo Pondal.

Coa chegada do Outono, volve ao calendario municipal festivo a tradicional Noite dos Calacús e distintos magostos celebrados polas entidades veciñais en distintos puntos da cidade, en colaboración coa Concellaría de Dinamización Sociocultural que dirixe Carme da Silva. Actividades infantís, música, castañas e cabazas serán os ingredientes da benvida aos magostos.

A Noite dos Calacús volve este xoves, 31 de outubro, á praza da Verdura (se chove trasladarase aos soportais da praza da Ferraría) para facer obradoiros infantís con cabazas e seguindo a tradición do Samaín. A actividade comezará ás 18.00 horas.

O Concello tamén colabora cos veciños na organización do Magosto que se celebrará na tarde do 16 de novembro na praza da Curtidoira, no barrio de Eduardo Pondal.

O 9 de novembro serán os de o Burgo e o de Monte Porreiro.

Saúdos  ;-))