O tradicional mercadillo de flores de Tódolos Santos contará con 43 postos de venda na Praza da Ferrería

34
  • A concelleira de Promoción Económica e Mercados, Yoya Blanco, lembra que “os postos estarán a disposición dos pontevedreses durante os días 31 de outubro e 1 de novembro”

A Concellería de Promoción Económica pechou o prazo de presentación de solicitudes para instalar postos de venda de flores no tradicional mercadillo de Tódolos Santos cun total de 43 instancias tramitadas, unha cifra case idéntica a do ano pasado, no que foron rexistradas 42 peticións. A edil responsable do departamento municipal, a socialista Yoya Blanco, explica que estes postos, “que xa forman parte da idiosincrasia desta festividade, estarán a disposición dos pontevedreses  na Praza da Ferrería durante os días 31 de outubro e 1 de novembro”.

Blanco suliña o elevado número de solicitudes que, un ano máis, recibiron os servizos técnicos do Concello de Pontevedra para a montaxe destes postos de flores, pola que os vendedores deben aboar unha taxa pública de 5,15 euros por metro cadrado ocupado. “Os responsables dos postos poderán realizar a instalación na Praza da Ferrerías entre as 2.00 e as 10.00 horas do día 31 de outubro. Trátase dun mercadillo moi concurrido e que presta un servizo esencial”, apuntou a concelleira do PSOE.