Medio Natural executa a tala de varias acacias perigosas nos xardíns do centro asociado da Uned

27
  • O concelleiro socialista Iván Puentes asegura que estes traballos poden ser considerados como “o primeiro paso para o acondicionamento integral desta valiosa zona verde, de cara á súa futura apertura para o uso e desfrute de toda a cidadanía”

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, está a executar os traballos de tala de diversas acacias emprazadas nos xardíns do centro asociado da Uned en Monte Porreiro. O edil do PSOE explica que as actuacións, desenvolvidas por unha equipa de operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns coa axuda dun camión-grúa, “están destinadas a eliminar algunhas árbores que se atopaban en mal estado e que supuñan unha molestia e, nalgúns casos, un perigo para estudantes e veciños”.

Puentes asegura que estas talas “poden ser consideradas como o primeiro paso para o acondicionamento integral desta valiosa zona verde, de cara á súa futura apertura para o uso e disfrute de toda a cidadanía e a súa integración na trama urbana do barrio de Monte Porreiro”. O edil socialista lembra que o Concello de Pontevedra presentará nas vindeiras semanas unha petición formal ante a Xunta Reitora da Uned para acadar a cesión do parque, “coa fórmula administriva que estimen máis axeitada”.