O Pazo da Cultura saca a Licitación Pública a contratación do Servizo de deseño, creación e execución artística dos espazos do Salón do Libro

22
  • Cunha duración de 2 anos – ampliables a 1+1 – e un importe sen IVE de 84.270,00€ o prazo de presentación de ofertas rematará o 20 de novembro ás 23:59h.
  • A visita técnica obrigatoria para as empresas interesadas en levar a cabo o proxecto será o vindeiro martes 12 de novembro ás 11:00h. no Pazo da Cultura

Motivado polos cambios na lexislación contractual e coa finalidade de acadar mellores ofertas económicas e participación así como transparencia no proceso, o OO.AA Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra saca a Licitación Pública a contratación do Servizo de deseño , creación e execución artística dos espazos do Salón do Libro que na súa XXI edición terá lugar entre o 6 e o 27 de marzo de 2020 levando por título ‘O humor’.

Os Pregos de Prescricións Técnicas e Clausulas Admininistrativas, así coma o resto de condicións, importe e prazos, atopanse no Perfil do Contratante da web www.pontevedra.gal no apartado de Presidencia do OO.AA Pazo da Cultura.

O proxecto de ambientación do Salón e a súa execución, no que se valorarán aspectos como a relación coa temática, o país convidado (Italia) o libro e a lectura, a creatividade, as posibilidades de interacción da cativada, os deseños inclusivos, seguros e sostibles, etc. ten como data límite de presentación o 20 de novembro ás 23:59h. pero será preciso para as empresas interesadas en participar, realizar previamente unha visita técnica as instalacións que terá lugar o vindeiro martes 12 de novembro ás 11:00horas.

O contrato, por unha contía de 84.270,00€ sen IVE, terá unha vixencia de 2 anos e a posibilidade de ampliación de dous anos (1+1).