Recepción aos campións do Club Río Lérez de tiro con prato

13

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos campións do Club Río Lérez de tiro con prato: John Henderson Rivas, Fernando Dopazo e Adán Güimil, campións galegos de foso olímpico e subcampións de España por equipos autonómicos. John Henderson tamén é campión do mundo de Trap5 logo de derribar 148 pratos dos 150 da competición e adestrador do equipo junior da Federación galega con moi bos resultados.

Segundo lle explicaron ao alcalde é a primeira vez que un club galego fai podium nun campionato estatal 

Todos eles adestran nas instalacións de Cernadiñas Novas, cando llo permite a súa s respectivas xornadas laborais polo que o alcalde destacou “o meritorio deste traballo como deportistas”.

Na actualidade o Club Río Lérez de tiro con prato ten 48 socios dos que arredor 15 participan en competicións de distintos ámbitos.