Pontevedra entra no Nadal co acendido da iluminación pública

239

A Concellaría de Festas ultima os retoques para que a cidade arranque coa celebración do Nadal este xoves, 5 de decembro, a partir das 18.00 horas cando se acenderá a iluminación que este ano chega a 67 rúas e contará con diversos elementos decorativos: dúas bolas xigantes, catro árbores de Nadal e algunha que outra sorpresa.

Haberá iluminación novo en espazos que até o de agora non existían como a praza de Galicia, Augusto García Sánchez ou González Besada, ou se reforza a iluminación doutras vías como Virxe do Camiño.

A árbore da Ferraría, xa colocada, mide 20 metros e confeccionouse en exclusiva para Pontevedra. Haberá outras árbores na praza do Hospital (7 metros), na praza de Méndez Núñez (7 metros) e na praza de Curros Enríquez (cónica de 10 metros). Tamén haberá iluminación en Monte Porreiro, Ponte Sampaio e Estribela; no Teatro Principal, no Pazo da Cultura, na Casa Consistorial e no edificio municipal de Michelena 30.

Ademais da iluminación de Nadal, o Concello pon en marcha unha nutrida programación de actividades e de actos a partir do 14 de decembro con rondallas de música, xogar con trasnos, apalpador e apalpadora xigante.
A praza da Ferraría tamén estará decorada con motivos de Nadal que servirán para que os rapaces poidan xogar neles e que sirvan de escenario para realizar as actividades infantís do apalpador e apalpadora. Tamén haberá dos espazos de fotografía: o banco de Nadal do pasado ano e un escenario que será unha postal de Nadal como photocall.

As actividades tamén chegarán aos centros sociais dos barrios e parroquias da man das asociacións de veciños, e a programación rematará coa tradicional Cabalgata de Reis, o vindeiro 5 de xaneiro.

A concelleira de Festas, Carme da Silva explicou que o Nadal de Pontevedra chega da man de moitas concellarías: Promoción Económica, Xardíns, Pazo da Cultura, Festas e Deportes.