Volven os Cabos Soltos

7
  • Da man dos locais de hostalería da cidade e co soporte legal do Concello, este venres haberá unha nova convocatoria en distintos locais da cidade.

A Concellaría de Dinamización Sociocultural continúa a darlle soporte legal nunha nova edición dos Cabos Soltos que se celebrará da man dos locais de hostalería da cidade este venres, 6 de decembro.

Cabos Soltos naceu para darlle pulo á escena creativa emerxente da Boa Vila, activar as salas e os locais de hostalería da cidade, e ofrecer o servizo para o que están autorizados.