Doce controis de tráfico na Zona 10 con resultado de cero denuncias

6

A Policía Local de Pontevedra levou a cabo unha campaña de control de velocidade da Zona 10km/h entre o 29 de novembro e o 6 de decembro.

En total realizáronse 12 controis:

Arcebispo Malvar 4
Sarmiento 2
Michelena 1
Laranxo 1
Gutiérrez Mellado 1
Riestra 1
Barón 1

Os controis foron realizados en horario de tarde e noite, co fin de incidir, especialmente, en horario de pouco transito peonil  que é cando existe maior perigo de accidente por exceso de velocidade.

En total, controláronse 160 vehículos con resultado de CERO denuncias.