A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o coro Réduit Emsemble dan a benvida ao Aninovo co tradicional concerto o día 1 ás 19:30h no Pazo da Cultura

11
  • No mesmo, ademais dos tradicionais valses e polkas, terá lugar a estrea absoluta dunha opereta escrita por Fina Casalderrey e musicada por Fernando Ruibal Tilve.
  • Dirixido por David Llanos, contará con numerosas sorpresas e as entradas están xa á venda en Ataquilla.com e Casa da Luz entre 10 e 15€.

O Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura apostan un ano máis – e con este serían 8 – por dar a benvida ao Aninovo con música ao vivo da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. “Un espectáculo moi agardado polo público pontevedrés”, apuntaba a concelleira de Cultura, Carme Fouces, que “ademais de ser un agasallo estupendo para estas datas pode servir tamén como unha excusa marabillosa para escapar das tediosas comidas de Nadal.

O espectáculo, que conta dende os seus inicios coa colaboración da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, contou ao longo dos anos con diferentes acompañamentos: ballet, tenor e soprano, etc e esta edición aposta por un coro, o Réduit Ensemble de Vigo, formado por . Está formado por “cantantes con formación lírica e escénica de varios puntos de Galicia (Pontevedra, Vigo, Santiago, etc) que buscan afondar nas capacidades tímbricas e expresivas deste tipo de formación concertante. É un grupo que aborda dende repertorio renacentista ata contemporáneo que naceu pola necesidade de cubrir un espacio inexistente en Galicia como é o dos coros profesionais” apuntaba un dos seus membros, Enrique Martínez

A membro da directiva da OFCP, Lorena Varela, logo de agradecer enormemente a oportunidade que o Concello brinda coa programación deste concerto, deu a coñecer o nome do director convidado, David Llanos (Ferrol) e avanzou que habería moitas sorpresas.

Como adianto, a estrea absoluta dunha opereta que conformará a primeira parte do programa con música de Fernando Ruibal Tilve e letra da escritora e membro da Real Academia Galega Fina Casalderrey, ambos procedentes da parroquia de Xeve. A segunda parte contará con valses tradicionais e non faltarán tampouco as sorpresas.

En total, preto de 70 persoas sobre o escenario do Pazo da Cultura para dar a benvida ao Aninovo con música ao vivo. Unha oportunidade que o público pontevedrés non deixará escapar, sinalou Carme.

As entradas como sempre xá á venda en Ataquilla.com e Casa da Luz a un prezo de 12 € (zonas C e D) e 15 € (zonas A e B) + gastos de tramitación e coma sempre desconto para estudantes, parados e xubilados, quedando respectivamente en 10 e 12€.