Unha exposición de Roberto Taboada amosa como era ‘Pontevedra entre os anos 1880 e 1920’

41
  • A mostra permanecerá aberta ao público na Casa da Luz entre este sábado 21 de decembro e o vindeiro 7 de xaneiro está composta por un compendio fotográfico, gravados e reportaxes e artigos de prensa

A Casa da Luz estreará este sábado 21 de decembro a exposicion ‘Pontevedra entre os anos 1880 e 1920’, unha mostra que permanecerá aberta ao público completamente de balde ata o vindeiro 7 de xaneiro e que estará composta por un compendio de fondo fotográfico, gravados e reportaxes e artigos de prensa sobre Pontevedra e os seus costumes.  

A exposición de Roberto Taboada, que está patrocinada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo e que foi froito dun minucioso traballo de investigación e compilación, amosa catro décadas de costumismo que definen o paso do século XIX ao XX na nosa cidade. 

No acto inaugural do sábado, que terá lugar ás 12:00 horas, acompañarán ao seu autor os concelleiros socialistas Tino Fernández, Yoya Blanco e Paloma Castro.