Plan de tráfico da Cabalgata de Reis 2020

316

CABALGATA  DE REIS  2019

Día: 5 de xaneiro

Hora: 18:00 horas

Itinerario:  Xosé Malvar,  Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España.

HORARIO DE CORTES DE RÚAS

  1. Xosé Malvar (lugar concentración e saída):  sobre as 16:30 horas
  2. Sobre as 17.30 horas, aínda que podería adiantarse dependendo da afluencia de público ou necesidades do servizo no resto das vías afectadas.
  3. Rúa Echegarai lugar de recollida das carrozas para saída cidade. O peche da rúa Echegarai provocará, puntualmente, corte de tráfico en Rúa Alameda con desvío, saída cidade, a través da Ponte das Correntes.

RESTRINCIÓNS ESTACIONAMENTOS

Día 5 de xaneiro

A partir  das 08:00 horas prohíbese o estacionamento na rúa Xosé Malvar.

De igual xeito prohíbese o estacionamento nas rúas Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00  h.

Rúa Echegarai (lugar de recollida carrozas) a partir das 15:00 horas e rúa Alameda (reserva estacionamento motos  e taxis)

Dende o pasado xoves, día 2,  está instalado o valado coa advertencia da data e hora da prohibición de estacionamento en todo o percorrido.

Co fin de evitar molestias aos cidadáns a Policía Local de Pontevedra prega a colaboración dos condutores e permanecer atento á sinalización  circunstancial.

Os vehículos estacionados con antelación á colocación serán trasladados a outro lugar. Os vehículos que estacionen con posteridade serán denunciados e retirados co guindastre municipal e abonarán as taxas correspondentes.

RECOMENDACIÓNS

  • A zona leste da Cidade verase afectada polo que se recomenda a entrada na cidade por Loureiro Crespo – Xoán Carlos I.
  • A utilización dos estacionamentos disuasorios (ningún deles está afectado pola Cabalgata de Reis).
  • Evitar o tránsito de vehículos polo centro da cidade entre as 17:00 horas e 21:00 horas.
  • O tráfico restablecerase unha vez que os sevizos de limpeza do Concello de Pontevedra procedan a súa limpeza.
  • A mellor alternativa para cruzar Pontevedra dun lado a outro é a AP-9.
  • Por mor da concentración das carrozas ao remate da cabalgata na rúa Echegarai, procederase ao peche ao tráfico da rúa Alameda cara a Echegarai polo que o tráfico de saída por Ponte da Barca efectuarase pola Ponte das Correntes.