Recepción á tenista pontevedresa Celia Cerviño

9

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Celia Cerviño Ruíz, tenista pontevedresa cunha prometedora carreira internacional que hai oito meses escolleu a cidade do Lérez para o seu adestramento intensivo.

Fernández Lores dixo estar “orgulloso” de que unha pontevedresa estea destacando e xa estea competindo a nivel internacional e “con moita capacidade de medrar”. Ademais, tamén aseguro estar agradecido porque Celia teña escollido Pontevedra como sede dos seus adestramentos.

Celia Cerviño asegurou que traballa con ilusión para chegar ao máis alto nas competicións internacionais.