Rosario Álvarez, Portela Leirós, Amigos de Galiza e Esdemga, candidatos aos Cidade de Pontevedra

28
  • O xurado cualificador reunirase o vindeiro, luns, 13 de xaneiro ás 13.00 horas na sede administrativa do Concello.

O Concello de Pontevedra pechou onte pola noite o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. Os candidatos e candidatas desta edición son:

Persoa física

  • Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, presentado pola Asociación Cultural Maio Longo.
  • José Portela Leirós, ex decano do Colexio de Procuradores de Pontevedra, presentado polo Colexio de Procuradores de Pontevedra.

Persoa xurídica

  • Fundación Amigos de Galiza, proposta pola Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galiza.
  • Esdemga, presentado polo Ateneo de Pontevedra.

A reunión do xurado calificador dos premios Cidade de Pontevedra será o vindeiro luns, 13 de xaneiro, ás 13.00 horas na sala de Xuntas do Concello de Pontevedra.

Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila.