Comerciantes da Parda piden a creación de prazas de estacionamento de servizos

32
  • O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, atende a petición e habilitaranse nos vindeiros días

O concelleiro de Obras Demetrio Gómez mantivo onte pola tarde unha reunión con comerciantes de A Parda para coñecer as súas demandas logo de terlle solicitado unha entrevista. O principal punto da reunión foi a petición de prazas de estacionamento de servizos nestas rúas (Juan Carlos I, Pintor Laxeiro, Abundancia…) xa que os donos e donas dos establecementos entenden que mellorará a súa oferta comercial no barrio.

O concelleiro recolleu as suxestións e trasladou esta mañá aos servizos técnicos a petición. Nos vindeiros días habilitaranse prazas de estacionamento de servizos nas zona solicitadas e algunha outra máis nos arredores.

Por outro lado, o concelleiro recomendoulles crear unha asociación de todo ese ámbito para poder ter unha interlocución fluída co Concello de tal xeito que poida coñecer as súas necesidades en tempo e forma.