Avanzan as obras de reurbanización na rúa da Porta Grande

3

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, mantivo na tarde de onte unha xuntanza coa veciñanza da rúa Porta Grande para facer un seguimento a pé de obra da intervención de reurbanización que se está a realizar neste vial. Ademais do seguimento da propia obra e verificar que se está a desenvolver segundo os prazos previstos, a xuntanza tamén serviu para resolver as dúbidas dos veciños e veciñas sobre aspectos puntuais da execución dos traballos.

Hai que lembrar que estas obras chegan despois da instalación da rede separativa de augas pluviais e fecais que dera comezo o pasado mes de abril, no marco do contrato da auga. Os traballos de reurbanización contemplan a instalación de plataforma e dunha nova iluminación en todo o vial, o que implica o calmado do tráfico que, ademais, quedará restinxido para uso exclusivo  de veciños e veciñas. 

Na xuntanza de onte tamén se acordou incluír a rúa da Porta Grande no zafarrancho de limpeza do barrio da Parda, co obxectivo de conservala nas condicións de uso e mantemento o máis óptimas posible.