As obras con cargo ao contrato de mantemento de espazos urbanos comezan a finais de febreiro

7
  • Estase realizando unha zonificación das áreas para establecer  as prioridades e actuar nas zonas con máis fluxo de persoas
  • A empresa adxudicataria farase cargo das actuacións que ata o de agora estaban realizando as brigadas municipais e que estarán coordinadas polo director xeral de Mobilidade

A Xunta de Goberno local vén de acordar un reaxuste nas anualidades do contrato de mantemento e sostemento de espazos urbanos, que comezará a operar a finais deste mes. Así o fixo público a portavoz do Goberno, Anabel Gulías quen explicou que a empresa adxuditaria COVSA se fará cargo das obras de sostemento e mantemento de espazos públicos, que ata agora están realizando as brigadas municipais, tras un traballo de zonificación das áreas prioritarias. Tras o reaxuste, para a anualidade 2020 destínase un orzamento de 450.000 euros para estas actuacións.

Gulías explicou que este traballo, tanto de zonificación como de priorización e planificación das obras, está a ser coordinado polo novo director xeral de Mobilidade do Concello. “Agora mesmo a área de Sostemento de Espazos Públicos está nun traballo de coordinación xunto co novo director xeral facendo unha zonificación das áreas que terían máis prioridade, seguindo o criterio de actuar inmediantamente nas zonas nas que máis fluxo de persoas teñen, como están facendo agora as brigadas municipais en Michlena e Benito Corbal” explicou a concelleira.