Jordi Sierra i Fabra, Ana Garralón, Gloria Sánchez ou Roger Olmos entre os relatores do III Congreso de Mediación Lectora do Salón

111
  • Co humor como tema central terá lugar do 26 ao 28 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra  e o prazo de inscición abrirá o 1 de marzo na web www.salondolibro.gal
  • Previa á inauguración do Salón, o 6 de marzo, o programa contará o venres 28 de febreiro cunha conferencia do pedagogo italiano Francesco Tonucci ‘Por que a infancia?’

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá o III Congreso de Mediciación Lectora do Salón ‘O humor’, acompañada por Manuel Morquecho como representante da Universidade de Vigo e a docente e coordinadora do mesmo, Eulalia Agrelo.

Fouces apuntou á expansión do Salón que a maoires das datas de celebración – do 6 ao 22 de marzo, contará con actividades previas e posteriores ao mesmo nas que o público adulto e o eido da formación serán protagonistas. Para ir entrando en materia e ao ter esta edición a Italia como país convidado, “non podíamos deixar de convidar ao noso pedadogo italiano de referencia, ben coñecedor e coñecido nesta cidade: Francesco Tonucci. Visitaranos o próximo venres 28 de febreiro, para impartir unha conferencia que leva por título: “Por que a infancia?” moi acaída sobre o que significa a infancia, o Salón e a creación de futuros e futuras adultos que conformarán o mundo mellor que queremos crear” apuntou Carme. A conferencia será no Auditorio do Pazo da Cultura, as 19,00 horas con entrada libre.

A concelleira apuntou á necesidade desta formación para docentes, libreiros, ou monitores de tempo libre que “son unha ponte entre o consumidor final – o neno/a – e quen pon no mercado o produto: as editoriais”. Carme apuntou tamén á presencia de Jordi Sierra que “logo de varios intentos nos que non puido ser por diferentes circunstancias, este ano por fin conseguimos contal con el, que falará na súa mesa con dous escritores novos: Nee Barros do IES Frei Martín Sarmiento e Clara Castro do IES Torrente Ballester.

Manuel Morquecho, director da area de dinamización cultural, educativa e integración do Campus de Pontevedra, comentou a súa experiencia persoal dentro da primeira edición do congreso no que tivo oportunidade de coincidir con varios membros da delegación mexicana e destacou sobre todo a “formación eminentemente práctica do mesmo, con obradoiros de literatura en si pero tamén de teatro, novas tecnoloxías, etc” e apuntou á necesidade da figura dos mediadores para cultivar nos nenos/as o amor polos libros.

A coordinadora do congreso, Eulalia Agrelo, docente na Facultade de ciencias da educación de Pontevedra quixo agradecer o compromiso ao Concello e tamén á Universidade polos “medios e o ampara para posibilitar o congreso que xirará en torno ao humor como distensión e relax pero tamén como ferramenta para ofrecer unha mirada crítica da sociedade, que nos permite rexenerarnos”, sinalou antes de apuntar á neceside de infancia de xogo e de ludismo.

Serán 3 as xornadas – as tardes do xoves 26 e venres 27 e a mañá do sábado 28 – nas que ademais dos “contidos e saberes, fomentarase a experimentación propia dentro dos obradoiros posteriores as mesas, xa que a estructura será similar a de anos anteriores. O teatro, a ilustración e a propia mediación centrarán as charlas que contarán con profesionais do peso de Jordi Sierra, Gloria Sánchez, Kiko DaSilva, Marc Taeger, Roger Olmos, Ledicia Costas e o Hematocrítico, etc.

Logo de debullar o programa que achegamos en documento anexo, Eulalia apuntou á intención de que os asistentes leven “nas súas mochilas experiencias e ideas que desenvolver no seu traballo e na súa vida. Que como mediadores deben transmitir valores, reflexións, etc e ter criterio de selección de busca, atender as necesidades do consumidor nun momento determinante e transmitir cuestións como a calidade e valor estético das ilustracións e de cómo se retroalimentan escrita e imaxe. Non quedarse nunha lectura superficial.”

Novamente ofertaranse sobre 125-150 prazas e pese a que a demanda sempre supera o número de vacantes, dende a organización apuntan que “este número non pode sobrepasarse xa que aínda que o auditorio ten maior capacidade, buscamos que os obradoiros posteriores teñan un aforo reducido para conseguir os obxectivos cos asistentes” e sinalou tamén que a maiores dos inscritos, a xornada do 27 contará con grupo de máis de 90 estudantes da Facultade de Ourense que asistirán as charlas e testarán a súa aprendizaxe con alumnado real composto por cativada de centros de educación infantil asistentes ao Salón.

As inscricións, de balde no formulario online en www.salondolibro.gal a partir do 1 de marzo.