A Concellería de Deportes notifica aos clubs da cidade a proposta provisional das subvencións de 2018

289
  • Tino Fernández axiliza os trámites co obxectivo de que a proposta definitiva se aprobe en Xunta de Goberno a finais de mes e 60 equipos poidan cobrar unhas axudas que ascenden a 300.000 €
  • Os desprazamentos realizados polos clubs beneficiarios das subvencións municipais durante 2017/2018 sumaron 489.559 kilómetros, o equivalente a unhas doce voltas ao mundo

Unha vez que o expediente recibiu o visto bo da Comisión de Avaliación, a Concellería de Deportes acaba de remitirlles aos clubs deportivos de Pontevedra a resolución provisional do procedemento para adxudicarlles as subvencións anuais correspondentes á tempada 2017/2018. O tenente de alcalde e edil responsable da área, Tino Fernández, asegura que, “cumprida esta xestión de notificación aos equipos, a proposta definitiva podería aprobarse en Xunta de Goberno local cara finais deste mesmo mes”, permitindo así que os clubs iniciasen inmediatamente os trámites de cobro dunhas axudas que suman unha contía global de 300.000 euros.

Ao abeiro desta convocatoria anual de 2018, foron presentadas en tempo e forma un total de 63 solicitudes de equipos, dos que 60 se propoñen como beneficiarios e só tres foron rexeitados por faltar documentación que se consideraba esencial ou por non cumprir cos requisitos. Na proposta provisional asinada polo instrutor das subvencións, o xefe do Servizo de Deportes, Jaime Agulló, figuran ata 16 clubs de fútbol (que aglutinan 49.174,87 euros en axudas), catro de baloncesto (24.541,35 euros), catro de piragüismo (16.541,64 €), tres de ximnasia (7.154,07), dous de balonmán (40.741,68 €), dous de fútbol sala (26.267,36 €), dous de natación (13.708,62 €), dous de natación sincronizada (10.159,46 €), dous de rugby (5.517,94 €), dous de taekwondo (12.239,17 €), dous de tenis, dous de deporte adaptado e dous de tiro con arco.

Terán un único equipo como beneficiario as disciplinas de atletismo, actividades subacuáticas, billar, ciclismo, esgrima, judo, kick boxing, loita, orientación, salvamento, motociclismo, bádminton, squash, tenis de mesa, voleibol, waterpolo e xadrez.

Tino Fernández lembra que estas subvencións “resultan fundamentais para que os equipos non teñan apuros á hora de cubrir todo tipo de gastos”, entre eles os que teñen que ver cos desprazamentos para xogar lonxe da casa. “Hai un dato moi significativo que se puido extraer das contas xustificativas dos gastos -salientou o concelleiro socialista- e é o relativo á cantidade de viaxes que os nosos clubs tiveron que facer na tempada 2017/2018: un total de 489.559 kilómetros, o equivalente a dar 12 voltas ao mundo ou a máis de distancia entre a Terra e a Lúa”.

A tradición deportiva da cidade en números

O tenente de alcalde tamén subliñou o feito de que os clubs da cidade teñan unha antigüidade media de case 30 anos, o que pon de manifesto “que Pontevedra ten unha tradición deportiva moi arraigada (o equipo máis antigo é a Sociedad Gimnástica, de 1927)”. Unha cultura do deporte que se traduce en 7.151 deportistas federados, é dicir, un 8,6% da poboación do municipio (por enriba do 8,28% que hai a nivel estatal); 5.114 licenzas de base (o 34,93% dos 12.370 rapaces menores de 18 anos que temos no concello desenvolve deporte de competición); 79 deportistas seleccionados por Galicia, e 22 seleccionados por España.

Segundo sinala Tino Fernández, “o orzamento global de tódolos clubs de Pontevedra suma máis de 3,4 millóns de euros, o que nos dá unha idea dos importantes que son para a nosa cidade e do esencial que resulta que as subvencións se paguen en tempo e forma para que gocen de boa saúde”. “O cobro das axudas estaba totalmente enquistado e acumulaba varios anos de atrasos cando tomei posesión do cargo de concelleiro de Deportes. Dende ese momento, converteuse nunha das miñas principais prioridades e meses despois, grazas ao encomiable labor e esforzo do Servizo Municipal de Deportes, estamos en moi bo camiño para poñernos ao día”. 

As propostas de subvención serían as seguintes:

  1. Club Tenis de Mesa Monte Porreiro (tenis de mesa): 10.023,91 €
  2. Asociación Club Polideportivo Juan XXIII (deporte adaptado): 399,65 €
  3. CD Escola Hungaresa de Esgrima (esgrima): 4.624,92 €
  4. Mareantes RCP (rugby): 1.721,05 €
  5. Club Naval de Pontevedra (piragüismo): 4.639,23 €
  6. Escola de Xadrez Pontevedra (xadrez): 5.818,84 €
  7. Club Natación Máster Pons Vetus (natación): 781,50 €
  8. Agrupación Juvenil de Lérez (fútbol): 5.837,27 €
  9. Club Río Verdugo de Piragüismo (piragüismo): 1.731,27 €
  10. Club Treboada (ximnasia): 4.474,58 €
  11. Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra (piragüismo): 6.700,81 €
  12. Escola de Fútbol Portero 2000 (fútbol): 4.692,55 €
  13. Agrupación Deportiva Sagrado Corazón (fútbol): 5.128,35 €
  14. Bora Club de Fútbol (fútbol): 950 €
  15. Club Galaico Sincro (natación sincronizada): 4.8881,34 €
  16. Club Galego Turístico-Cultural Subacuático Sotavento (actividades subacuáticas): 1.186,91 €
  17. Club Polideportivo Méndez Núñez (deporte adaptado): 624,58 €
  18. Club de Tenis Pontevedra (tenis): 2.637,78 €
  19. Club Fútbol Sala Cidade de Pontevedra (fútbol sala): 7.906,12 €
  20. Sociedad Gimnástica de Pontevedra (atletismo): 18.795,52 €
  21. ACD A Seca (fútbol): 4.467,16 €
  22. Asociación de Boxeo de Pontevedra (kick boxing): 3.151,24 €
  23. Club Balonmán Cisne (balonmán): 20.518,34 €
  24. Cerponzóns CF (fútbol): 1.355,07 €
  25. Club Natación Galaico (natación): 14.284,28 €
  26. Club Baloncesto Arxil (baloncesto): 20.637,93 €
  27. Billar Club Pontevedra (billar): 830,43 €
  28. Pontevedra Rugby Club (rugby): 4.234,35 €
  29. CAB Pontevedra (baloncesto): 2.961,25 €
  30. Asociación Xuvenil Deportiva Verdugo (fútbol): 2.595,81 €
  31. Club Bádminton Ravachol Pontevedra (bádminton): 334,09 €
  32. Club Piragüismo Verducido Pontillón (piragüismo): 3.338,10 €
  33. Sociedad Deportiva Monte Porreiro (fútbol): 4.000 €
  34. Salvamento Acuático Pontevedra-SAPO (salvamento): 3.360,94€
  35. Salgueiriños Club de Fútbol (fútbol): 7.082,50 €
  36. Asociación Temerarias Team (motociclismo): 411,74 €
  37. Baloncesto Estudiantes Pontevedra (baloncesto): 3.484,99 €
  38. Club Boa Vila de Tiro con Arco (tiro con arco): 1.709,63 €
  39. Club Natación Sincronizada (natación sincronizada): 3.063,41 €
  40. Club Ciclista Farto (ciclismo): 2.650,25 €
  41. SD Teucro (balonmán): 23.710,68 €
  42. Judo Club Pontevedra (judo): 3.792,08 €
  43. Integración Deportiva Pontevedra CF (fútbol): 1.677,60 €
  44. Atlético Estación (fútbol): 777,66 €
  45. Club Deportivo Lérez (fútbol): 3.759,03 €
  46. Club Suh Taekwondo (taekwondo): 2.685,08 €
  47. Club Waterpolo Pontevedra (waterpolo): 7.642,84 €
  48. Club de Rítmica Xiada (ximnasia): 637,64 €
  49. Club de Taekwondo Mace Sport (taekwondo): 6.791,49 €
  50. Leis 26 FS (fútbol sala): 15.539,10 €
  51. San Andrés CF (fútbol): 1.133,43 €
  52. Club de Montañeiros A Roelo (orientación): 6.988,32 €
  53. Casino Mercantil e Industrial (tenis): 1.879,86 €
  54. Club de Loita Pontevedra (loita): 1.950,97 €
  55. Club Voleibol Pontevedra (voleibol): 9.105,73 €
  56. Peña Ciclista Moto Bike (tríatlon): 1.714,17 €
  57. Club Ximnasia Rías Baixas (ximnasia): 1.391,26 €
  58. SCD Salcedo (fútbol): 4.646,87 €
  59. Boa Vila Basket (baloncesto): 808,50 €
  60. Marcón Atlético (fútbol): 5.700 €