En marcha unha nova edición do Ben veñas, maio

21

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou esta mañá una nova edición dos certames Ben veñas, maio pensados para impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde distintos eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Estes certames teñen como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua. 

A actividade que nesta edición conta como coordinador ao profesor Xosé Luís Xaneiro, coordinador do equipo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón, está pensada para mozas e mozos estudantes nos centros públicos de ensino secundario obrigatorio, ciclos formativos e bacharelato do concello de Pontevedra. 

Ben Veñas Maio 2020 abrangue: 

  • II Certame de Videoclips Musicais
  • XX Certame Musical
  • IV Certame de Curtametraxes
  • XIX Certame de Fotografía
  • XXVII Certame de Banda Deseñada
  • XXVII Certame de Narración Curta
  • XIX Certame de Poesía 
  • Unha semana de teatro, para promover o uso da lingua galega na mocidade a través da creatividade e da reflexión sobre a situación social da lingua.

O período de presentación de traballos aos premios remata o 20 de abril de 2020.