O tráfico na cidade descende ata máis do 90% durante o confinamento domiciliario

33
  • Foron colocados aforadores maioritariamente en vías de entrada e saída da cidade, cuxos datos reflicten a diminución de actividade e de mobilidade motorizada desde o decreto do estado de alarma

O Concello de Pontevedra realizou unha medición do tráfico en varias vías de entrada e saída á cidade, e nunha rúa do centro, desde que se decretou o estado de alarma por mor do Covid-19. O dato máis salientable é que o cómputo xeral desta redución chegou a superar o 90% na cuarta semana, na que coincidiron a paralización de todos os servizos non esenciais e os festivos de Semana Santa.

O descenso do tráfico motorizado durante as dúas primeiras semanas (entre o 16 e o 29 de marzo) reflicte o confinamento domiciliario, así como a paralización de tráficos específicos como o relativo á actividade escolar e o de todas as actividades comerciais que non foron incluídas no decreto do estado de alarma. A terceira semana (do 30 de marzo ao 5 de abril), na que a disminución do tráfico se incrementa, a todo o anterior hai que sumarlle tamén a entrada en vigor da paralización de todos os servizos non esenciais. A cuarta semana (do 6 ao 12 de abril), que é a que maior descenso experimenta, ten a particularidade de coincidir coa Semana Santa polo que tamén se reducen as entradas e saídas a centros de traballo ou produción considerados esenciais.

Os aforadores foron colocados en rúas que maioritariamente forman parte do anel interior da cidade: avenida María Vitoria Moreno, rúa da Estación dirección avenida Josefina Arruti, avenida Josefina Arruti dirección rúa da Estación, avenida de Marín dirección saída da cidade, rúa Xosé Malvar dirección rúa da A Seca e Doce de Novembro, rúa Xosé Malvar dirección rúa da Seca e Ponte dos Tirantes,  rúa da Seca dirección rúa Pomba, e rúa Uxío Novoneira,. 

Cómputo global por semanas

– 1ª semana: descenso do 69,97%

– 2ª semana: descenso do 73,58%

– 3ª semana (paralización de todos os servizos non esenciais): descenso do 78,88%

– 4ª semana (paralización de todos os servizos non esenciais): descenso do 90,83%

Cómputo por semanas e rúas

María Vitoria Moreno: 

– 1ª semana: -70,59%

– 2ª semana: -73,32%

– 3ª semana: -79,49%

– 4ª semana: -92,14%

Uxío Novoneira.

– 1ª semana: -66,16%

– 2ª semana: -71,47%

– 3ª semana: -71,47%

– 4ª semana: -87,85%

Estación (dirección Josefina Arruti):

– 1ª semana: -70,93%

– 2ª semana: -74,13%

– 3ª e 4ª semana sen datos por un problema técnico no aforador

Josefina Arruti (dirección Estación):

– 1ª semana: -71,14%

– 2ª semana: -75,84%

– 3ª e 4ª semana sen datos por un problema técnico no aforador

Avenida de Marín (saída cidade)

– 1ª semana: -75,34%

– 2ª semana: -78,70%

– 3ª semana: -85,11%

– 4ª semana: -92,14%

Xosé Malvar (A Seca / Doce de Novembro):

– 1ª semana: -71,32%

– 2ª semana: -74,72%

– 3ª semana: -82,06%

– 4ª semana: -90,18%

Xosé Malvar (A Seca / Ponte dos Tirantes):

– 1ª semana: -66,72%

– 2ª semana: -73,78%

– 3ª semana: -80,18%

– 4ª semana: -92,60%

A Seca (dirección rúa Pomba):

– 1ª semana: -67,54%

– 2ª semana: -66,67%

– 3ª semana: -74,94%

– 4ª semana: -90,08%