Benestar Social destina 7.000 euros á adquisición de material para a Unidade de Drogodependencias

42
  • O contrato de subministro coa firma Emasa inclúe 25 frascos de urina, 60 caixas de guantes de látex, 45 vasos, papel de padiola, 48 bobinas de papel secamáns, puntas de pipeta e xabón de mans

A concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, asinou hoxe o expediente para a adquisición de material de traballo necesario para o funcionamento cotián da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra. O contrato foi adxudicado á empresa de distribución de artigos médicos Emasa por 6.937,17 euros e traducirase no subministro de 58 rolos de 60 metros de papel para padiola de dobre capa, 48 bobinas de papel secamáns mecha e 45 vasos brancos de 100 ml.

Ademais, adquiriranse 40 caixas de luvas de látex con po TM e 20 con po TP, de 100 unidades cada unha; 16 frascos de urina de 60 ml e 9 de 100 ml; 7 puntas de pipeta eppendorf, e 4 dispensadores de xabón de mans dermo de 750 ml.

Tal e como sinala Paloma Castro, trátase dun subministro de material básico para o funcionamento da UAD, “unha unidade de atención na que, á marxe da situación de alarma motivada pola Covid-19, xa se deben adoptar moitas precaucións sanitarias habitualmente”.