O Concello de Pontevedra reafirma o seu compromiso coa cultura anunciando o Premio María Victoria Moreno xunto a editorial Cuarto de Inverno no Día do Libro

93
  • O prazo de presentación de obras botará a andar ao día seguinte da súa publicación no BOP e permanecerá aberto ata o 30 de xuño
  • A terceira edición deste certame de literatura xuvenil contará ao igual cas anteriores cunha dotación económica de 4.000€ abonados a través do OO.AA Pazo da Cultura
  • Cuarto de Inverno, mediante contrato privado co autor/a da obra gañadora, encargaráse da edición e publicación da mesma en ligua galega.

A concelleira de Cultura Carme Fouces anunciouesta mañá, aproveitando a celebración do Día do Libro, que “seguimos coa política de non cancelación da cultura e convocamos o III Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno. Igual que fixemos con outros proxectos coma o Salón do Libro, adaptando o seu formato ao dixital e compartindo contidos remunerados – porque a cultura debe ser sempre remunerada – decicimos non adiar este certame e agardamos e desexamos que os nosos escritoras e escritoras foran visitados pola inspiración durante o confinamento e recibamos unha chea de obras fermosas e de gran calidade como en certames anteriores”.

Esta terceira edición do premio levarase a cabo da man da editorial Cuarto de Inverno que editará e publicará ao obra gañadora, dotada con 4.000€ por parte do Concello a través do OO.AA Pazo da Cultura.

Fouces apuntou a que o prazo de presentación das obras, inéditas, en lingua galega e cun máximo de 250.000 caracteres, abrirá ao día seguinte da publicación das bases no BOP cousa que agarda suceda pronto, aínda que condicionada ás circunstancias actuais.