O xefe do Servizo de Deportes e o director xeral de Emerxencias participarán o luns na tribuna de debate ‘Hagamos del Triatlón un Deporte Seguro’

68
  • O simposio inaugurará un ciclo de charlas organizado pola Federación Española de Triatlón (FETRI) e dará comezo ás 19:00 horas, baixo a coordinación do director de competicións da FETRI

O xefe do Servizo Municipal de Deportes, Jaime Agulló, e o director xeral de Emerxencias do Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle, participarán o vindeiro luns 4 de maio, ás 19:00 horas, nunha tribuna de debate telemática organizada pola Federación Española de Triatlón (FETRI) baixo o título ‘Hagamos del Triatlón un Deporte Seguro’. Este simposio, co que se inaugurará un ciclo de charlas posto en marcha baixo a coordinación do director de competicións da FETRI, Jorge García, contará cun plantel de expertos de entidades e firmas procedentes doutros puntos de España.

Ademais de Agulló e Macenlle, formarán parte da mesa de debate o presidente da Federación de Triatlón de Castilla y León, Amancio del Castillo; o director de Operacións Ironman South EMEA, Ferrán Giménez, e o responsable de Laetus Sport, Víctor Martínez. Cada un deles exporá por videoconferencia as súas experiencias dentro da faceta organizadora de eventos e a súa visión respecto das competicións de tríatlon, enfocándose no ámbito da seguridade.

A inscrición é de carácter gratuíto, aberta a todo aquel que estea interesado, ata cubrir as 500 prazas que se ofertan. Pódese facer a través do seguinte link https://triatlon.org/noticias/hagamos-del-triatlon-un-deporte-seguro-presentado-el-primer-debate-fetri/ ou directamente neste enlace INSCRIPCIONES DEBATE FETRI.