O Concello ofrece colaboración aos hostaleiros da cidade para a instalación dos veladores o próximo 11 de maio

96

O Concello de Pontevedra continúa dando pasos adiante para a que os establecementos hostaleiros de Pontevedra poidan instalar os seus veladores a partir do 11 de maio, á espera de que a cidade entre na primeira fase da desescalada.

Dende hoxe pon a disposición da hostalería da cidade os servizos técnicos municipais para facilitarlles a apertura das terrazas.

A área de ocupación de espazos públicos, que xestiona a concelleira Eva Vilaverde, vén de habilitar unha conta de correo electrónico para que os establecementos que queiran abrir os seus veladores o vindeiro 11 de maio, poidan contar coa asistencia do Concello á hora de redistribuír as terrazas e cumprir coa normativa fixada no Estado de alarma do xeito máis favorable.

O correo electrónico ao que se poden dirixir é veladoresalarma@pontevedra.eu No correo os propietarios e propietarias do establecemento deberán identificarse co nome do seu local, número de teléfono de contacto e día de apertura.