O Salón Virtual reformula a súa Escola de Lectura para Familias Curiosas e plantexa 6 novas sesións que botan a andar este venres 8 de maio ás 18h. en formato video.

67
  • A iniciativa dá respota á necesesidade de formación das familias para crear contidos propios e dinámicas para a cativada tanto durante o confinamento como na realiadade que nos agarda.
  • Charo Pita, Anxo Fariña, Uxía Senlle, Reviravolta, Luz Gallego de Seijas e María Lado compartirán os seus coñecementos en videos difundidos nas canles habituais do Salón: Facebook, Instagram, Youtube e www.salondolibro.gal
  • As sesións terán lugar todos os venres ás 18h. dende o 8 de maio ao 12 de xuño.

A segunda edición da Escola de Lectura para Familias Curiosas organizada polo Salón do Libro, botara a andar novamente con éxito o 25 de outubro. Con 7 sesións programadas, a Alerta Sanitara motivou o parón e quedaron no tinteiro as 3 últimas. Risoterapia da man de Risotadas, resolución de conflitos a través dos libros coa psicóloga Dori Martínez ou  como escoller un libro con Luz Gallego de Seijas. Só este último era adaptable ao formato virtual polo que se reformulou á programación e en vez de contratar 2 actividades a maiores para suplir estas 3 pendentes,  serán un total de 6 as sesións.

“Abrazar con palabras” será a primeira delas este venres 8 ás 18horas da man de Charo Pita. Anxo Fariña impartirá a segunda: “Ver a vida doutro xeito. Mindfulness creativo en familia”. Haberá sitio para a música nas “Coplas e Cantos galegos na casiña” de Uxía Senlle. Reviravolta achegará a súa sesión “Cos libros tamén se xoga” e Luz Gallego de Seijas as súas recomendacións en “Palabra de libreira”. Pechará Maria Lado o 12 de xuño con ”Familias que escriben”

A conversión a formato virtual responde política de non cancelación de actividades programadas e a favor da cultura remunerada que está a levar a cabo a Concellaría de Cultura de Pontevedra e nace da detección dunha necesidade: “durante o confinamento detectamos que había moitas actividades e contidos dirixidos á cativada pero pero pouca formacion para familias, para que fagan os seus propios contidos e dinámicas para encher as horas dos dias de confinamento e da nova realidade que nos agarda” apuntou a organización.

As contas de Facebook, Instragram, Youtube do Salón e o web www.salondolibro.gal serán as canles empregadas para difundir cada venres as sesións deste proxecto que tanto no seu formato virtual coma físico ten os seguintes obxectivos:

– Dar recomendacións para que as nosas fillas e fillos teñan hábito lector e dar pautas para converterse en familias comprometidas coa lectura.

– Coñecer e asesorar sobre libros interesantes e atractivos tendo en conta os grupos de idade e prestando especial atención á produción editorial galega

-Coñecer libros axeitados que nos axuden a resolver conflitos, coñecer o mundo e mellorar a convivencia

– Ensinar a contar contos, recitar rimas e poesías facendo uso ou non doutros recursos (musicais, visuais, etc.).

– Ensinar a compartir e comentar as lecturas das súas fillas e fillos.

– Crear contos a partir da improvisación ou de experiencias próximas.

– Ensinar a xestionar unha biblioteca familiar e crear un espazo axeitado para a lectura.

– Ofrecer recursos e ideas para facer da lectura un xogo, unha aventura en familia.