Premios do Certame Ben Veñas Maio

21

En todas as categorías que se mantiveron houbo participación malia as dificultades xeradas polo confinamento do alumnado e a supresión das clases presenciais

Destaca a participación nas categorías de poesía e narración curta, que seguen a ser as canles de expresión artística preferidas polo alumnado pontevedrés

A semana pasada o xurado do Certame Ben Veñas Maio fallou os premios nas distintas categorías que puideron manterse a pesares da crise sanitaria da COVID-19 e do estado de alerta. Hai que lembrar que non se puideron celebrar nin o certame musical nin a semana de teatro. En todas as demais categorías houbo participación malia as dificultades xeradas polo confinamento do alumnado e a supresión das clases presenciais. Destaca a participación nas categorías de poesía e narración curta, que seguen a ser as canles de expresión artística preferidas polo alumnado pontevedrés. 

O xurado, nesta edición, estivo formado polo concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña Piai, e polas persoas coordinadoras dos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos IES: Manuel Reboredo Tajes do IES A Xunqueira I; Jorge Potel Torres do IES A Xunqueira II; Aida Pazos Quintillán do IES Frei Martín Sarmiento; María Dolores Valiño do IES Torrente Ballester; Francisco Xosé Suárez Benito do IES Valle-Inclán; Xosé Luís Janeiro Espiñeira do IES Sánchez Cantón (que foi o coordinador desta edición). Segundo prevén as bases, o xurado decidiu deixar desertos algúns premios porque as obras non reunían as condicións requiridas para ser premiadas. 

Relación de premiados e premiadas: 

XXVII Certame de banda deseñada
Categoría A:
ata 14 anos inclusive.
 – Primeiro premio:Rexurdimento, Miguel Bouzas Rodríguez, IES Torrente Ballester

– Segundo premio: deserto
Categoría B: a partir de 15 anos.
– Primeiro e segundo premio: deserto

XXVII Certame de narración curta
Categoría A
: ata 14 anos inclusive.
– Primeiro premio: Xaquín e asociados. Nerea Redondo Areán, IES Torrente Ballester

– Segundo premio -ex aequo-: 

– O club dos amorosos. Alfredo José Fernández Marques, IES Sánchez Cantón
– O bisavó. Anxo Rodríguez Álvarez, IES Torrente Ballester
– O garda dos castros, Manuel Salgado Lafuente, IES Torrente Ballester

Categoría B: a partir de 15 anos.
– Primeiro premio: O bico. Nee Barros Fernández , IES Frei Martín Sarmiento
– Segundo premio -ex aequo-: 

– Dezaoito minutos e trinta e sete segundos. Andrés Pardo Carballo, IES Torrente Ballester
– A bufanda de cores. Cristina de Castro Gómez, IES Valle Inclán

XIX Certame de poesía
Categoría A
: ata 14 anos inclusive.
– Primeiro premio: Transitividade. Alfredo José Fernández Marques. IES Sánchez Cantón
Categoría B: a partir de 15 anos.
– Primeiro premio: H2O Pinga. Mariña Maceiras Segovia. IES Sánchez Cantón
– Segundo premio -ex aequo-:

– Nacemos do que arde. Mario Elías Blanco Boullosa. IES Torrente Ballester
– Son Penélope, Sheila Justo Cabaleiro, IES Valle Inclán 

XVIII Certame de fotografía
Primeiro premio: Que tire a pedra quen estea libre de culpa, Carolina  Munáiz Canosa. IES Sánchez Cantón 

– Segundo premio: deserto

IV Certame de curtametraxes
Primeiro premio: deserto

– Segundo premio: Máscara, Claudia Rivero Pérez, IES VALLE INCLÁN

O Certame Ben Veñas Maio está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello, co apoio do Concello de Pontevedra através da Concellaría de Normalización Lingüística. Ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua. Os distintos certames dentro de Ben Veña Maio buscan Impulsar a creatividade da nosa mocidade en lingua galega desde diferentes eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), a fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes.