O RockLab clausurará o vindeiro domingo 17 de maio a edición máis virtual do Salón

38
  • Será logo de 2 meses de intensa actividade nas súas redes e web para amenizar o confinamento da cativada e dotar ás familias de recursos de xogo
  • Unha nova entrega de obradoiro “Aprende banda deseñada con Fiz” de Kiko Dasilva e varias sorpresas, compretarán o programa especial de peche
  • A difusión será a través das canles habituais do Salón: Facebook, Instagram, Youtube e www.salondolibro.gal 

O Salón do Libro pechará as súas portas virtuais o vindeiro domingo 17 de maio, día das Letras Galegas, logo de 2 meses nos que a actividade se levou a cabo nas súas redes sociais por mor da Alerta Sanitaria da COVID19, que obrigou a pechar as portas físicas do Salón o xoves 12 de marzo.

O confinamento e as sucesivas prórrogas do Estado de Alarma, ampliaron tamén a duración desta versión virtual dun Salón que tiña programada a súa clausura orixinal o domingo 22 de marzo.

Así como se adaptou o formato de diferentes actividades previstas no programa, o Salón plantexou a mesma vía para o concerto de clausura, a cargo do RockLab, actividade músical do Concello de Pontevedra, impartida no Pazo da Cultura e dirixida por Gonzalo Maceira. Aceptaron a proposta con moita ilusión pero levala a cabo non foi  sinxelo tal e como nos comentou: “traballamos con 30 alumnos/as de 6 a 10 anos a través de Goole Classroom e Zoom para as clases e levamos a cabo sesións de diferente tipo: invididuais, por grupos pero sobre todo moita formación para pais, que se involucraron moitísimo no proxecto. Sen a súa colaboración e implicación 100% non tería sido posible chegar a porto”.  Sen desvelar o contido do concerto, que leva unha parte de escenografía e interpretación tamén, Gozalo avanza que “aínda que pareza imposible, o audio é da cativada”.

A emisión das actuacións dos Rock “N” roll Monsters e Os Cabaleiros e Damas do Rock terá lugar o domingo 17 cara ás 18h. no Facebook, Instagram, Youtube e web do Salón.

Unha xornada tan especial como é o peche logo de tantas semanas xuntos, require dunha programacion especial entre a que cabe destacar tamén a segunda parte do obraoidoro “Aprende banda deseñada con Fiz” de Kiko Dasilva.

Ao longo do día terá lugar tamén a difusión de diferentes pezas recopilatorias, sorpresas e aínda que non gusten moito, tamén despedidas.