O Concello autoriza veladores na rúa Serra para o gastromercado

168

A concelleira de Ocupación de Espazos Públicos, Eva Vilaverde anunciou esta mañá que os postos da zona gastronómica do mercado poderán instalar veladores na rúa Serra para paliar a redución de aforo no interior. “Igual que ao resto da hostalaría da cidade se lles está aumentando o espazo para intentar que cheguen ao número total de veladores autorizados e de aforo que tiñan antes da crise, tamén no mercado nos parece xusto que se lle lle compense a redución de aforo” manifestou a concelleira.

Eva Vilaverde asegurou que desde a área que xestiona, en colaboración con Promoción Económica, se está estudando esta ampliación “para facela da mellor maneira posible para todos e para todas”. Convén lembrar que desde a área de Ocupación de Espazos Públicos se ofertou, desde o inicio da desescalada, a colaboración coa hostelaría da cidade de cara a estudar o espazo dispoñible para redistribuílo ou amplialo, sempre atendendo ás medidas de seguridade esixidas e á compatibilización de usos, e tratar de que os establecementos hostaleiros poidesen instalar o maior número de veladores permitido e do xeito máis favorable.